Experimento de presentación.

Este luns 21 de xaneiro o Club de Ciencias abrirá as súas portas, e as primeiras científicas e científicos en estrear o noso laboratorio serán os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil e de 1º, 2º e 3ºA de Educación Primaria. Elas e eles formarán os grupos 'Marie Curie' e 'Albert Einstein'.

Para anuncialo, sorprendeuse ao alumnado co primeiro experimento científico durante un dos recreos... Que ocorre cando introducimos unhas pastillas efervescentes nunha botella chea dun refresco con gas? Podédelo comprobar no seguinte vídeo:


Pero... Por que ocorre esta explosiva reacción? Podedes ver este vídeo para entendelo mellor!

Comentarios