Ciencia nas Festiletras 2019!

Esta mañá espertamos cunha nova científica que nos enche de ilusión! Coma tódolos anos, do 12 ao 19 de maio de 2019 celebraranse as Festiletras na aldea do Couto, aquí en Ponteceso.

Entre os moitos artistas convidados, érguese entre eles un gran persoeiro da ciencia galega: Ángel Carracedo, un catedrático de Medicina, investigador e experto en xenética, que ademais forma parte da Real Academia Galega de Ciencias.

Se tendes a oportunidade e queredes aprender un chisquiño máis, estade pendentes das datas e achegádevos ata o Couto para coñecer máis sobre este gran home de ciencia!

Comentarios